Absurda antimaxia e humor
‘Mr. Kebab’ mestura humor absurdo e surrealismo nun espectáculo que busca constantemente a complicidade do público. Unha función de "antimaxia" e xogo surrealista que coloca e descoloca ao espectador de xeito intelixente e no que reina o simple, pero tamén o inesperado. "Mr. Kebab" é un absurdo mago de orixe turco que introduce ao público na idea do dadaísmo, do "anti", antimaxia, antiarte, antipúblico... En fin, 70 minutos de delirio irreverente.
Juancallate producciones Mr.kebab from Juancallate on Vimeo. |